Pra mín, a música é un escape a un mundo de melodías con ritmo ¿Cántas veces noteime estraño, e o
único que tiña pra tranquilizarme, era identificarme cas cancions? Sei tamén, que esto lle sucede a moitos.
A música na miña vida, a parte de ser instrumento instructor, axúdame coas situacions coas que lidio cotiamente, sen esquencer a letra que posuen que fan enriquecer máis se cabe o seu valor
A música é natureza, o son que chega aos nosos oídos para enfeitizalos, enchéndoos
de líricas e poemas, que fan que o noso ser interior saia a relucir porque polo
regular escoitamos aquela música coa cal, nos sentimos dunha ou outra forma
identificados. Por iso digo que a través da música podemos expresarnos tal e
como en realidade somos.
A música non necesita
ter letras para encher o alma. O único que debe ter é a aprobación dentro de
cada persoa, e por elo é tan variada, porque non todos somos iguais nin temos
os mesmos gustos, por iso é importante que saibamos dixerir o tipo de música
que nos gusta e non discriminar a outros, porque actuariamos con egoísmo sen
pensar nos gustos de outras persoas. Isto quere aceptar que non estamos sós no
mundo, nin seremos os únicos que busquemos desenvolvernos mediante a música, se
non que tamén, están aqueles que buscan facer exactamente o mesmo ca ti,
simplemente que dunha ou outra forma, con outros ritmos e outras maneiras de
poñelo na práctica.
Gostame sentarme a escoitar música según o ánimo que teña e as cosas que
necesite escoitar, xa que moitas veces é a música axúdame ir máis aló
do que vexo, e viaxar co que escoito, e identificarme con esto pra
reflexionar e determe un segundo a facer o que debo, e máis non o que me impoñen.
A música faime ser máis detallista en cada aspecto da
miña vida, porque é eso o que se debe facer coas canciones.......aprecialas
detidamente pra encontrar o seu significado e o que nos aportan.
Para concluír, podía
dicir que a música é aquela manifestación artística que me permite escoitar e escoller
o ritmo que me guste, en medio dunha extensa variedade.